Un día na Costa da Vela

18 Xuño 2013
Costa Vela-6-13-1

O pasado luns 10 de Xuño visitamos a Costa da Vela, un lugar de Interese Comunitario (LIC). Aquí presentamos dúas versións da viaxe


Parecía unha ruta sinxela a que tiñamos que percorrer ao chegar da viaxe de ida no autobús, pero non.

Primeiro subimos ao Monte Facho, cando o viamos dende abaixo non críamos que costara tanto subilo ainda que estiveramos equivocados, finalmente conseguimos chegar á cima e dende alí puidemos ver varias cousas, ao Leste a Península do Morrazo, ao Oeste o Océano Atlántico ao Sur a  Ría de Vigo e as Cíes e ao Norte a Ría de Pontevedra e un pequeno castro que había no monte. Costounos un pouco orientarnos pero con axuda atopamos todas as direccións.

A seguinte parada foi o mirador, onde había uns cantís graníticos, dixéronnos que describísemos as rochas e ninguén sabía definir con certeza as características, cando nos rendimos dixéronnos a resposta, eran rochas magmáticas e tiñan unha forma redondeada e fracturada, eu, curiosamente, non lle veía fractura algunha.

Terceiro punto, Cabo Home, persoalmente foi o meu preferido, pasámolo moi ben baixando polas rochas, que eran magmáticas e metamórficas, parecía perigoso pero non tiña nada que ver, cando as baixamos entramos nunhas covas con percebes e lapas. Fóra, na zona cunha pouca area e nas rochas había mexillóns, caramuxos, algas calcáreas, estrelas de mar, esponxas e anémonas. O máis difícil foi volver a subir, menos mal que tiñamos un socorrista na clase!!

Lamentablemente no cuarto punto non paramos moito, non sei por qué, pero era bastante bonito.

O último sitio foi a praia de Melide onde ao fin nos deixaron xantar e pasar un rato divertido, depois tiñamos que investigar a zona:

-Supralitoral  (parte a onde non chega o mar):  dunas con vexetación como a cebola das gaivotas e piñeiros.

-Intermareal (parte que queda ao descuberto ao baixar a marea):  animais enterrados, pulgas de area…

-Infralitoral (mar): peixes...

E no piñeiral da beira había moitísimos piñeiros e o chan estaba cheo de follas.

No camiño de volta estabamos esgotados. Eu cambieime de autobús, sinceramente, o viaxe de volta foi o mellor de toda a excursión!!

Alba Zels Garrido

 

Costa Vela-6-13

O pasado Luns día 10 de Xuño, os alumnos e alumnas de segundo de ESO guiados polos profesores de Ciencias Naturais Bernardo, Adela e Isaac, máis a profesora de Inglés Rocío, visitamos a Costa da Vela nunha excursión organizada polo departamento de Ciencias Naturais.

Aínda que o día non acompañaba, nada máis chegar alí, xa se podía apreciar a impresionante beleza de aquel gran entorno declarado como LIC (Lugar de Interese Comunitario).

O primeiro que fixemos foi emprender a subida cara ao Monte Facho que é o punto máis alto da Costa da Vela, o que dá lugar a unhas impresionantes vistas que permiten apreciar toda a costa que vai dende a Ría de Vigo ata a Ría de Arousa. Estas impresionantes vistas tamén nos permiten apreciar as illas Cíes, Ons e Sálvora. Este punto permitiu hai centos de anos vixiar toda esta costa para protexela e alertala da chegada de buques invasores como vikingos ou franceses.

Despois emprendemos a baixada, e parámonos no mirador de Donón para tomar un aperitivo e emprender a gran camiñata ata o Cabo Home, o lugar onde están situados os seus dous Faros para protexer os barcos dos seus escarpados e perigosos cantís cheos de fendas e covas, onde habitan todo tipo de crustáceos e moluscos principalmente percebes, lapas e mexillóns e tamén todo tipo de algas. Estas rochas son tan escarpadas debido a gran acción do vento e o mar coa súa forte ondada.

Depois, dirixímonos hacia a punta Robaleira onde fixemos unha breve parada para, de seguido, continuar cara á praia de Melide, unha impresionante praia de area moi finiña e  auga moi cristalina rodeada de un gran piñeiral e dunas habitadas por vexetación como a cebola das gaivotas ou as centáureas. Alí cada un sacou a súa comida e puxémonos a comer para depois dun tempo libre emprender o camiño de regreso baixo a chuvia.

José María Prieto Valladares