Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca (2013)

“Non deixes que o noso futuro seque”
28 Xuño 2013
DM Desertificación

En 1994 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 17 de xuño Día Mundial de loita contra a Desertificación e a Seca para chamar a atención de todos os países sobre este grave problema.

A auga dóce no planeta e escasa e valiosa. Só o 2,5 % da auga do planeta é dóce e menos dun 1% está dipoñible para os ecosistemas e o ser humano. Cando a demanda de auga supera a oferta dispoñible aparece a escaseza, que afecta especialmente ás áreas de terras secas.

O obxectivo da celebración deste ano 2013 é concienciar ao mundo dos riscos da seca e a escaseza de auga nas terras secas e outras partes do planeta e destacar a importancia de mantes solos saudables. Hai que adoptar medidas para reparar e anticipar a falta de auga, a desertificación e a seca. Todos e todas somos responsables.