Día Mundial do Medio Ambiente

Pensa, aliméntate, aforra
1 Xuño 2013
D M MED Ambiente 2013

O Día Mundial do Medio Ambiente foi establecido pola Asamblea xeral das Nacións Unidas, no día 15 de decembro do ano 1972. Decidiuse que se ía celebrar no 5 de xuño dende o ano 1973.

Este día consiste en crear un vínculo polo medio do cal a organización das Nacións Unidas, sensibilize a opinión mundial en torno aos temas ambientais, os seus problemas, como evitalos ... Esta organización intenta convertir aos seres humanos en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo.

Este día tan especial a xente realiza diversas actividades para demostrar que de verdade lles interesa o medio ambiente como concentracións nas rúas, plantar árbores, campañas de reciclaxe, concertos ecolóxicos...

Cada ano esta celebración ten un país anfitrión e un lema, o primeiro país foi Kenia o seu lema foi “Ambiente e resgardo, máis que un teito” España foino no ano 2.004 co lema de “¡Búscanse! Mares e océanos, vivos ou mortos?” O deste ano é Mongolia, co lema “Pensa, aliméntate, aforra”.

O interese da campaña deste ano céntrase en reducir os refugos e as perdas de alimentos.

Segundo a FAO cada ano desperdícianse 1,3 billóns de toneladas de comoda en todo o mundo, unha cantidade equivalente a produción de toa África subsahariana. Ao mesmo tempo, unha da cada sete persoas do planeta vaise á cama famenta e máis de 20.000 nenos menores de 5 anos morren de fame cada día.

Desperdiciar alimentos significa que tamén se desperdician os recursos empregados para producilos, polo que unha xestión máis responsable do consumo de alimentos implica temén un aforro de enerxía.

PLANETA TERRA

Xuntamos un video da BBC sobre o noso planeta onde podedes admirar as maravillas deste noso inmenso e delicado fogar.

Pódese ver en 3D e en alta resolución.