Día Mundial das Telecomunicacións

31 Maio 2013
DM teleco

O 17 de Maio celebrouse en todo o mundo o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Esta celebración conmemora o aniversario da firma do primeiro Convenio Telegráfico Internacional en 1865.

O tema escollido neste ano 2013 é “As TICs e a mellora da seguridade vial”. Un temo moi importante porque cada ano 1,3 millóns de persoas falecen nun accidente de tráfico e máis de trinta millóns resultan feridas en todo o mundo.

As distraccións dos condutores (o que inclúe o manexo de aparellos como teléfonos móbiles ou sistemas de navegación) figuran como unha das principais causas de accidente, polo que a UIT fai esforzos a nivel mundial para elaborar normas TIC avanzadas para sistemas de transporte intelixentes e seguridade vial, tanto na mellora dos sistemas dos vehículos como nos de control de tráfico.

 

TEMAS DO DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓES E A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 

-2013: "As TIC e a mellora da seguridade vial".

DM teleco1

 

-2012: "As mulleres e as nenas nas TIC".

-2011: "Unha vida mellor nas comunidades rurais coas TIC".

-2010: "Unha mellor cidade, unha vida mellor cooas TIC".

-2009"Protexer aos nenos no ciberespazo".

-2008: "Conectar á persoas con discapacidades: as oportunidades das TIC para todos".

-2007: "Conectar á xuventude: as oportunidades das TIC".

-2006: "Primeiro Día Mundial da Sociedade da Información".

TEMAS DO DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS

2006: -2006: "Promoción da ciberseguridade mundial".

2005: -2005: "Creación dunha sociedade da información equitativa: chegou o momento de actuar".

-2004: "As TIC abren o camiño ao desenvolvemento sostible".

-2003: "Axudar a todos os pobos do mundo a comunicarse".

-2002: "TIC para todos: habilitar ás persoas para superar a brecha dixital".

-2001: "Internet: dificultades, oportunidades e perspectivas".

-2000: "As comunicacións  móbiles".

-1999: "Comercio electrónico".

-1998: "O comercio de telecomunicacións".

-1997: "Telecomunicacións e Asistencia Humanitaria".

-1996: "Telecomunicacións e deporte".