Día Mundial das Aves Migratorias (2013)

1 Xuño 2013
DM aves migratorias

O día mundial das aves migratorias conmemorase anualmente o segundo fin de semana de Maio e ten como obxetivo concenciar á sociedade  sobre a necesidade de protexer ás aves migratorias e os seus habitantes en todo o mundo.

No hemisferio sur celébrase en outubro. O lema deste ano 2013 é “Creando redes para conservar as aves migratorias.

Esta conmemoración xorde con ocasión do décimo aniversario realizado no ano 2005 polo Acordo para a Conservación das Aves Migratorias de África e Eurasia. En este marco decidiuse celebrar o primeiro Día Mundial das Aves Migratorias en África ,Europa, e parte de Asia.  Como o evento foi ben recibido surxiu a iniciativa de extender o mesmo a todo o mundo.

O Acordo para a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias de África e Eurasia,  e a Convención Global sobre as Especies Migratorias son dous tratados ambientais internacionais administrados polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. En este marco, e baixo o lema “As aves migratorias necesitan da tua axuda agora!” realizouse a primeira conmemoración no ano 2006, que foi un completo éxito e na que participaron máis de 46 países de todo o mundo.

No ano 2007, a convocatoria refireuse a os impactos do cambio climático, enfocando a atención á “Migración de aves e o cambio climático”, o que logrou incrementar a cantidade de países nos cales se realizaron actividades conmemorativas. No 2008 o lema foi “Aves migratorias, embaixadoras da biodiversidade”, no 2009 “Barreiras á emigración”, no 2010 “Salve ás aves migratorias en crise, cada especia conta!”, no 2011 “O uso da terra a vista de paxaro”, no 2012 “As aves migratorias e a xente”.

A razón principal da migración de aves ten que ver co cambio das estacións e a busca de alimento. A través da mesma conéctanse os ecosistemas, pobos, e culturas. Xa hai uns 5000 anos, no Mediterráneo,  se asociaba o movemento estacional dun numeroso grupo de aves grandes co momento axeitado para iniciar a sementeira. Tamén, Aristóteles recoñeceu o fenómeno da migración e identificou varias especies de aves migratorias.

Xuntamos unha presentación sobre as aves migradoras que nos visitan durante o inverno.

Para coñecer as migradoras de verán podedes visitar:

http://es.slideshare.net/iesasorey/a-bubela-e-outros-galegos-15649793