Día Mundial das Aves Migratorias (2012)

6 Xuño 2012
Día Mundial das Aves Migratorias (2012)

As aves realizan impresionantes viaxes de miles de quilómetros e conectan os continentes, as culturas e as xentes. O impulso que as fai emigrar é a busca de lugares de dría ou para alimentarse.

Ademais, as aves migratorias actúan como indicadoras da saúde dos ecosistemas, da diversidade biolóxica e do cambio climático.

Esta celebración faise en todo o mundo organizada polas Secretarías da Convención sobre a Conservación das Especies Migratorias de Animais Silvestres (CMS) e o Acuerdo sobre la Conservación das Aves Acuáticas de África e Eurasia (AEWA) - dous tratados internacionais sobre vida silvestre administrados polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). Este ano faise o 12 o 13 de maio.

ALGUNHAS CURIOSIDADES:

-O carrán é a ave que máis distancia percorre (22.000 km en 3 meses). Trátase da migración regular máis longa de todos os animais coñecidos, do Ártico ao Antático.

-A agulla colipinta (Limosa lapponica) cría nas costas do Ártico e na tundra de Europa e Asia e inverna nas costas de rexións temperadas. Fai o voo máis longo sen paradas que se coñece nas aves e tamén a viaxe máis longa sen pausas para alimentarse que realice ningún animal (13.690 km entre Alaska e Nova Celandia)

-Porto Rico, tamén chamada “a cidade das andoriñas” ten máis de 1 millón de andoriñas.

-A  ave que tarda menos en migrar é a rula europea, faino en só 34 días.