Día Mundial da Saúde Mental

A saúde mental e os adultos maiores
28 Outubro 2013
DM saúde mental

Este día celébrase cada ano o 10 de outubro, para adicarllo ás persoas que sofren enfermidades mentais. Este ano, en particular, trata á saúde mental e aos adultos maiores.

Cando falamos de saúde referímonos ao estado de equilibrio entre unha persoa e o seu entorno sociocultural, o que garantiza a súa participación laboral, intelectual e de relacións para acadar o benestar e unha boa calidade de vida. A observación do comportamento dunha persoa na súa vida diaria é o principal modo de recoñecer o estado da saúde mental, dende o manexo de capacidades e temores ata o comportamento que ten ante situacións difíciles. Cando hai factores que alteran o razoamento, o comportamento, a facultade de recoñecer a realidade ou de adaptarse ás condicións de vida, trátase dunha enfermidade mental ou trastorno psicolóxico.

Os adultos maiores son os máis propensos a sofrir enfermidades mentais. Aínda que moitas persoas poderán gozar dunha vellez agradable, máis de un de cada cinco adultos de 60 ou máis anos de idade sofre trastornos mentais ou neurolóxicos, coma demencia ou depresión.

A depresión caracterízase porque as persoas que a padecen teñen sentimentos de inutilidade, culpa, tristeza, indefensión e desesperanza profundos. Pode aparecer acompañada de perturbacións do sono e da comida, a perda de iniciativa, o autocastigo, o abandono, a inactividade e a incapacidade para o pracer. Existen dúas categorías, o trastorno depresivo, onde aparecen só episodios de depresión, e a depresión bipolar ou síndromes maníaco-depresivos, que alternan períodos depresivos con outros de ánimo e euforia.

A demencia é o deterioro intelectual do ancián. Iníciase con fallos na atención e na memoria, perda de habilidades matemáticas, irritabilidade, perda do sentido do humor e desorientación. Arredor dun 10% de todas as persoas maiores de 65 anos sofren un deterioro intelectual significativo. Aínda que unha quinta parte dos casos débese a causas que poden ser tratadas, a maioría padecen enfermidades dexenerativas, en especial o Alzheimer.

alzheimer

O Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa que se manifesta como deterioro cognitivo e trastornos condutales. Caracterízase pola perda de memoria inmediata e doutras capacidades mentais a medida que as neuronas morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A enfermidade adoita ter unha duración media de dez anos despois do diagnóstico, dependendo da severidade que ten cando se diagnostica. O Alzheimer é a forma máis común de demencia, é incurable e terminal, que aparece con maior frecuencia en persoas maiores de 65 anos de idade.

Estudos realizados mostran tasas de entre 10-15 novos casos cada mil persoas  para a aparición de calquera forma de demencia e entre 5-8 para a aparición do Alzheimer, é dicir, a metade de todos os casos de demencia cada ano son pacientes con Alzheimer.