Día Mundial da non violencia contra as mulleres

10 Decembro 2013
D M non violencia mulleres

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminiación da Violencia contra a Muller desde 1999.

Por qué se celebra este día?

Pois ben, a violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos. A pesar de que estamos no século XXI, tódolos días chegan noticias de mulleres maltratadas e incluso asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas, chegando ata unha porcentaxe do 70% de mulleres que sufren violencia na súa vida.

En España, máis de 140.000 denuncias son rexistradas cada ano e nos últimos 10 anos máis de 700 mulleres morreron debido á violencia machista. Ata 44 mulleres perderon a vida este ano.

A violencia de xénero non é só físicamente, senón tamén verbalmente, mediante insultos ou formas de facelas sentir mal.

Celébrase este día en conmemoración ás mulleres e nenas violadas e maltratadas física e psicolóxcamente e fanse campañas para a súa erradicación, que axudan a concienciar ás víctimas de que hai xente que pode axudalas e que non están soas.

D M non violencia mulleres1