Día Mundial da Diabetes

3 Decembro 2013
DM Diabetes

Cada ano o 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes, unha enfermidade que afecta a máis de 170 millóns de persoas no mundo e unha das 10 principais causas de morte. Nos últimos anos adícase esta data á prevención e á educación.  

¿Qué é?

A diabetes xeneralmente é unha enfermidade de por vida (crónica) na que hai niveis altos de azucre no sangue.

Causas

A insulina é unha hormona producida polo páncreas para controlar o azucre no sangue. A diabetes pode ser causada por moi pouca producción de insulina, resistencia a esta ou a ambas.

Para comprender a diabetes, é importante entender primeiro o proceso normal do alimento cando éste se descompón e é empregado polo corpo para obter enerxía. Suceden varias cousas cando se dixiere o alimento:

-Un azucre chamado glucosa, é a fonte de enerxía para o corpo, entra no torrente sanguíneo.

-Un órgano chamado páncreas produce a insulina, o seu papel é transportar a glucosa do torrente sanguíneo hata os músculos, a graxa e as células hepáticas, onde pode utilizarse como enerxía.

As persoas con diabetes presentan hiperglucemia, debido a que o seu corpo non pode mover o azucre hata os adipocitos, hepatocitos e células musculares para que sexa almacenado como enerxía. Isto débese a que o páncreas non produce suficiente insulina ou as células non responden de maneira normal á insulina.

Hai dous tipos principais de diabetes. As causas e os fatores de risco son diferentes para cada tipo:

-Diabetes de tipo 1: pode ocorrer a calquera idade, pero diagnostícase com maior frecuencia en nenos, adolescentes... Nesta enfermidade, o corpo non produce ou produce pouca insulina, e necesítanse enxeccións diarias desta hormona. Descoñécese a causa exacta.

-Diabetes tipo 2: corresponde á maioría dos casos de diabetes. Xeralmente preséntase na idade adulta; sen embargo, agora estase diagnosticando en adolescentes e adultos xóvenes debido ás altas taxas de obesidade. Moitas persoas con este tipo de diabetes non saben que padecen esta enfermidade.

Síntomas

Os niveis altos de azucre no sangue poden causar diversos sintomas como: visión borrosa, sede excesiva, fatiga, micción frecuente, fame e pérdida de peso.

Debido a que a diabetes de tipo 2 se desenvolve lentamente, algunhas persoas con niveis altos de glucemia son completamente asintomáticas.

Os síntomas da diabetes de tipo 1 desenvólvense nun período de tempo curto e as persoas poden estar moi enfermas para o momento do diagnóstico.

Despois de moitos anos, a diabetes pode levar a outros problemas serios:

diabetes-alimentos

Pirámide alimentaria para diabéticos

-Problemas oculares, como dificultade para ver (especialmente pola noite) e sensibilidade á luz. Podería quedar cego.

-Os pés e a pel poden desenvolver úlceras e infeccións. Algunhas veces, un pé ou unha perna poden necesitar amputación.

-Os nervos do corpo poden sufrir dano e causar dor, picazón e pérda da sensibilidade.

-Debido ao dano dos nervos, podería ter problemas para dixerir o alimento que come e sentir debilidade ou ter problemas para ir ao baño.

Probas e exámes

Pódese utilizar un análise de ouriños para buscar hiperglucemia; sen embargo, unha proba de ouriños soa non diagnostica diabetes.

O médico pode sospeitar que o individuo teña diabetes se o seu azucre no sangue é superior a 200 mg/dL. Para confirmar o seguinte diagnóstico, débense de facer un ou máis exames de sangue.

Tratamento 

Ao comezo da diabetes de tipo 2, pódese contrarrestar a enfermidade con cambios no estilo de vida. Ademais, algúns casos de diabetes tipo 2 pódense curar con ciruxía para baixar de peso.

Non hai cura para a diabetes de tipo 1.

O tratamento tanto da diabetes de tipo 1 como a diabetes de tipo 2 consiste en medicamentos, dieta e exercizo para controlar os niveis de azucre no sangue e previr sintomas e problemas.

Prevención:

Manter un peso corporal ideal e un estilo de vida activo poden previr a diabetes de tipo 2.

Ainda non hai forma de previr a diabetes de tipo 1.