Día Mundial da Alimentación

Sistemas de alimentación sostibles
4 Novembro 2013
DM alimentación-1

O 16 de Outubro de cada ano, celébrase o Día Mundial da Alimentación. A súa finalidade é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.

Dende a súa creación participan neste proxecto cada ano máis de 150 países, dando a coñecer os problemas detrás da pobreza e a fame. Este ano o tema central serán os “Sistemas alimentarios sostibles para a seguridade alimentaria e a nutrición”.

Un sistema de alimentación sostible é aquel que asegura poder seguir alimentándose  sen esgotar os recursos (auga, terra, etc) e sen destruír o medio. Na actualidade consumimos bastante máis carne que vexetais ou froitas, e para alimentar aos animais que proporcionan esa carne e que finalmente acabaran sendo comida para nos, deixamos de darlle comida a outros seres humanos que o necesitan, comida que é destinada a gando. 

Este problema intenta solucionarse usando sistemas de alimentación sostibles, que serviran para que usando produtos locais e reducindo o consumo de carnes, poida chegar máis comida a países do terceiro mundo que a necesitan.

Isto non quere dicir que teñamos que deixar de comer carne, só que se cada familia reduza un pouco o seu consumo desta e incremente o consumo de hortalizas, froitas, etc., axudaría a crear un mundo con menos fame.

DM alimentación