Día Mundial contra a Mutilación Xenital Feminina

Un día para sensibilizarnos contra estre crime contra as mulleres
10 Marzo 2013
Día Mundial FGM

O 6 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial contra a Mutilación Xenital Feminina, un problema que afecta a unha 140.000 millons de mulleres en todo o mundo con dous millóns de casos novos cada ano.

Un día para recordalle ao mundo que esta práctica aínda segue a destruír a vida de millóns de mulleres en todo o mundo. Este ano a OMS dedica unha atención especial á preocupante tendencia de que sexan os propios prestadores de atención de saúde os que realicen a mutilación, contribuíndo así a mantela e lexitimizala.

A ablación ou mutilación xenital feminina comprende una serie de prácticas consistentes na extirpación total o parcial dos xenitais externos das nenas.

Estas prácticas producen problemas de saúde irreversibles e son un grave atentado aos dereitos da muller. Practícase principalmente a nenas e adolescentes de entre 4 e 14 anos, aínda que hai zonas onde se fai ás de 1 ano (Eritrea, Malí). Faise sen ningún tipo de anestesia e a nai ou outros familiares suxeitan á nena que sofre unha dor moi intensa. As persoas que se encargan son xeralmente comadronas ou parteiras e está moi ben pagadas.

EFECTOS:

-Morte por colapso hemorráxico,  infeccións ou dor intensa.

-Traumas psicolóxicos

-Mala cicatrización, formación de quistes

-Infeccións das vías urinarias

-Maior exposición as contaxios de enfermidades, como o VIH(SIDA, hepatite..

-Infertilidade

-Dor crónica

-Dificultades no parto e risco de hemorraxias e infeccións

-Dificultades e dor no coito

-Incontinencia urinaria

 

Cales son as razóns para xustificar estas prácticas:

Sexuais: para controlar ou mitigar a sexualidade feminina.

Sociolóxicas:  por ejemplo, como rito de iniciación das nenas á idade adulta ou para favorecer a integración social e manter a cohesión do grupo ou tribo.

De hixiene e estéticos: pola crenza de que os xenitais femiinos son suxos e antiestéticos.

De saúde: porque se cree que aumenta a fertilidade e fai o parto máis seguro.

Relixiosos: debido á crenza errónea de que a ablación xenital feminina é un precepto relixioso.

UNICEFcalcula  que unhas  70 millóns de nenas e mulleres de 27 países de África e Oriente Medio,  actualmente en vida (de entre 15 e 49 anos) , foron sometidas á mutilación/ablación xenital . Ademáis, as cifras están aumentando en Europa, Australia, Canadá e os Estados Unidos, principalmente entre os inmigrantes procedentes de África e Asia sudoccidental. Tamén se practica nalgunhas comunidades de Colombia, Paquistán e A India.

Mapa FGM

A ablación xenital feminina constitúe unha violación fundamental dos dereitos das nenas. É unha practica discriminatoria que vulnera o dereito á igualdade de oportunidades, á saúde, á loita contra a violencia, o dano, o maltrato, a tortura e o trato cruel, inhumano e degradante, o dereito á protección fronte a prácticas tradicionais e perogosas e o dereito a decidir sobre a propia reprodución. Todos estes dereitos están protexidos polo Dereito Internacional.

Nos últimos 15 anos estase observando unha diminución desta práctica grazas ás campañas de organizacións internacionais, entre as que destaca a actividade da fundación “Flor do Deserto”, fundada por  Waris Dirie  (Viena).