Día Marítimo Mundial

9 Outubro 2013
día marítimo

Desde 1980 a Organización Marítima Internacional (OMI) celebra cada ano, a última semana de setembro, o Día Marítimo Mundial, chamado tamén Día Mundial dos Mares.

Esta conmemoración foi establecida polas Nacións Unidas co fin de manter e mellorar a seguridade e a eficiencia das operacións marítimas internacionais e para previr a contaminación mariña ocasionada por buque, especialmente por descargas ilegais, que son altamente perigosas e tóxicas. A Convención das Naciónes Unidas sobre o Dereito do Mar reúne un conxunto de normas que rixen todos os usos do mar, entre elas a navegación, a investigación  e a pesca.
Este día aprovéitase para chamar a atención sobre a importancia da seguridades na navegación e a protección do medio ambiente mariño. Unha boa oportunidade para mirar ao futuro.

O lema deste ano é Desenvolvemento sostible: a contribución da OMI máis alá de Río+20.