Día Internacional das Montañas
O 11 de decembro foi o Día Internacional das Montañas, un día adicado a crear conciencia sobre a importancia das montañas e os seus ecosistemas como unidades indispensables para a nosa subsitencia e desenvolvemento.
As montañas cubren un 27% da superficie terrestre; son o hábitat para case 1.000 millóns de persoas e unha cuarta parte dos animais e plantas do planeta, entre elas algúnhas de gran importancia para a medicina; son a fonte do 70% da auga dóce: as nacentes dos principais ríos do planeta, reservas en forma de neve e xeo (glaciares), lagos…; permiten a xeración de enerxías renovables: eólica, hidráulica, solar, biomasa…; xeran alimentos: agricultura, gandaría, pesca, recolección de froitos, fungos…
Neste enlace podes ver unha mostra dun impresionante traballo fotográfico de Jean-François HAGENMULLER para gozar dos espazos naturais das montañas en distintos lugares, épocas do ano e horas do día. Á esquerda hai un menú para abrir diferentes albums.