Día Internacional da Muller Rural

4 Novembro 2013
DI muller rural

O día internacional das Mulleres Rurais celébrase cada 15 de outubro dende o ano 2008, que foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 18 de decembro de 2007, na súa resolución 62/136  onde se recoñece a función e contribución da muller rural, na que se inclúe a muller indíxena, a mellora da seguridade alimenticia e a erradicación da pobreza rural.

As mulleres rurais realizan un papel esencial na economía rural. Na maior parte dos países en desenvolvemento participan na produción de cultivo e o coidado  do gando, proporcionar alimentos, auga e combustible para as súas familias e participar en actividades non agrícolas. Tamén levan a acabo as funcións do coidado dos nenos, anciáns e enfermos.

DI muller rural 1

E non debemos esquecer que ata hai relativamente pouco tempo a muller rural galega seguía desenvolvendo un labor social e económico imprescindible na nosa economía e que, aínda a día de hoxe, a súa importancia resulta vital en moitas comunidades rurais.