Día Internacional da Infancia

3 Decembro 2013
DM Infancia

O día internacional da infancia é un día consagrado na fraternidade e a comprensión entre os rapaces do mundo e destinado a actividades para a promoción do benestar e dos dereitos dos meniños.

En1954 aAsemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se instituise en todos os países un día Internacional da Infancia e suxireu ós gobernos estatais que celebraran dito día, na data que cada un de eles estimase conveniente. A ONU celebra este día o 20 de novembro, en conmemoración á aprobación da Declaracioón dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.

ORIXE DA CELEBRACIÓN:

A Aseble Xeral das Nacións Unidas reuniuse coa intención de reafirmar os dereitos universales da infancia que se celebran en cada país do mundo un día que se consagrará a fraternidade e a comprensión entre os rapaces do mundo enteiro e destinarase a actividades que desenvolven o benestar de todos os meniños do mundo.

Na chamada Unión Internacional de Protección á Infancia, que en 1952 planteou que debería haber un día especial para festexar ós nenos. Un ano despois, corenta países decidiron unirse á festa e celebralo tamén.

Pronto, as Nacións Unidas sumáronse á idea e decretouse, por unanimidade, que debería establecerse unha data para honrar e poñer énfasis nas necesidades dos rapaces de todo o mundo.

O Día da Infancia oficial é o 20 de novembro, inda que a data cambia dependendo do país, por exemplo, en Brasil celébrase o 12 de outubro, e en Rusia o 1 de xuño.