Día Internacional da Diversidade Biolóxica, 2013
Este ano o Día Internacional da Diversidade Biolóxica está adicado á relación entre auga e biodiversidade, aproveitando a declaración do 2013 como Ano Mundial da Cooperación na Esfera da Auga.
A intención é resaltar a importancia do papel que xoga o mantemento da biodiversidade e dos ecosistemas para garantir a seguridade da auga e, polo tanto, o desenvolvemento sostible.
O Día Internacional da Diversidade Biolóxica (International Day for Biological Diversity) celébrase todos os anos o 22 de maio desde decembro de 2000. Esta celebración foi instituída pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, durante o “Cumio da Terra” en Río de Xaneiro en 1992, para conmemorar o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica.
Os tres obxectivos dese convenio son a conservación da diversidade biolóxica, o usos sostibles dos seus compoñentes e a participación xusta e equitativa dos beneficios derivados dos recursos xenéticos.
A biodiversidade é a variabilidade de organismos vivos de calquera tipo, de ecosistemas e de relacións entre os organismos e os diferentes ambientes e entre sí. Tamén se inclúe a diversidade xenética entre seres da mesma especie. A diversidade que temos na actualidade é froito de miles de millóns de anos de evolución, moldeada por procesos naturais e, recentemente, tamén pola acción humana. A diversidade biolóxica ofrece un gran número de bens e servizos que sustentan a nosa vida.
A Biodiversidade veuse moi afectada desde que o ser humano comezou a desenvolverse sen ter en conta o medio ambiente.
ALGUNHS DATOS:
-Arredor do 75% da biodiversidade do planeta está concentrada en só 17 países.
-Na actualidade hai identificadas 1,75 millóns de especies, a maior parte invertebrados, aínda que se cree que pode haber máis de 13 millóns.