Día Internacional da Abolición da Escravitude

7 Xaneiro 2015
DM escravitude

O día 2 de decembro de 1949 foi celebrado pola Unesco o convenio para a represión da trata de persoas e da explotación da prostitución allea.

Na actualidade a escravitude e a servidume seguen sendo bastante frecuentes, aínda que se faga referencia a estas prácticas utilizando habitualmente os termos da man de obra garantizada, traballo forzoso, ou nas súas prácticas máis extremas que se presentan baixo a forma do traballo infantil e o tráfico de persoas, onde as principais víctimas son os nenos e as mulleres que serven para abastecer as redes de prostitución e o traballo no servizo doméstico.

Cada ano, millóns de persoas, a maioría mulleres e nenos, son enganadas, vendidas, coaccionadas ou sometidas dalgunha maneira a situacións de explotación das cales non poden escapar. Constitúen a mercadoría dunha industria mundial que move miles de millóns de euros e que está dominada por grupos de delincuentes moi ben organizados que operan con impunidade.

Segundo a Organización Internacional do Traballo (OIT), millóns de mozos e mozas atópanse en condicións próximas á escravitude como vítimas do traballo forzado ou en réxime de servidume. Un 73% destes mozos e mozas –arredor de 180 millóns- desempeñan as peores formas de traballo infantil, entre elas a prostitución, o traballo escravizado e o traballo perigoso. Ademais, as cifras indican tamén que a escravitude non desapareceu, xa que arredor de 5,7 millóns de mozos e mozas atópanse na situación de servidume ou vense obrigados a traballar.

Os lugares máis escravizados de mundo son África e Estados Unidos.