Devolvámolo con intereses

O concello de Cambados uníuse ao programa de compostaxe da Deputación de Pontevedra
7 Xaneiro 2019
Compostaxe en Cambados

A terra déixanos os seus beneficios, en vez de usalos e devolvelos de calquera maneira, engadámoslle os intereses.

Dende que se inventou a agricultura, os campesiños fertilizaban os campos con residuos de materiais orgánicos descompostos procedentes de animais e vexetais. Nesta técnica, que ocorre sen a axuda do ser humano, a terra recolle os nutrientes procedentes destes restos para alimentar ás plantas, cuxo proceso é chamado ciclo da vida da natureza. Despois da II Guerra Mundial introducíronse os fertilizantes químicos que aínda que sexan prexudiciais para as augas subterráneas, o solo e a saúde das persoas eran e son empregados porque estaban producidos a baixo custe xa que proviñan da enerxía derivada do petróleo. Fai unha década, decatáronse de que a fertilidade do solo descendera, este feito é a repercusión da desaparición dos organismos chamados descompoñedores os cales fabrican o humus.

Esquema reciclaxe compost

Este suceso provocou que se volvesen usar os fertilizantes orgánicos, mais desta vez feitos coa axuda do ser humano cunha técnica chamada: compostaxe. A compostaxe é un proceso mediante o cal obtemos compost: material estable, obtido da descomposición natural da materia orgánica, esta descomposición lévana a cabo os microorganismos (bacterias e fungos) e pequenos organismos (miñocas e escaravellos) O compost é un abono de elevada calidade porque mellora a estrutura da terra, ademais doutros beneficios:

  • Estrutura do solo: debido a súa estrutura de terra,o compost, provoca que haxa unha correcta aireación e humidade do solo.
  • Saúde do solo: actúa como bactericida e funxicida xa que é un composto natural libre de patóxenos e compostos químicos.
  • Nutrientes das plantas: excelente abono para as plantas ó ser rico en nutrientes e macronutrientes.
  • Económico: non o tes que adquirir xa que o que se obtén mediante un proceso do fogar.

O Concello de Cambados quíxose sumar á proposta que a Deputación de Pontevedra e Sogama están promovendo co fin de reducir os residuos eliminados a través da incineración. Os cambadeses uníronse a este proxecto, polo que o CCC (centro comunitario de compostaxe) do Pombal é empregado por centenares de persoas producindo uns  300  quilos de abono. Xa que o lixo diario que xeramos conten un 33% de materia orgánica, que pode ser reciclada para devolvela ó solo como abono. Deste xeito reducimos o volume da materia orgánica nun 80% (de cada 100 quilos de materia introducida no compostador, obtéñense 20 de compost).

See video