Deuses dos ventos

19 Maio 2014
torre dos ventos

Desde tempos antigos as distintas culturas atribuíron a deuses e outros seres mitolóxicos a orixe dos ventos e outros fenómenos relacionados co tempo. Neste traballo recollemos información sobre algúns deles.

Na ágora romana de Atenas consérvase a Torre dos Ventos, un edificio de mármore en forma de torre de planta octogonal que foi construído no 50 a.C. como un Horologion, ou reloxo, un sofisticado artefacto destinado a medir o tempo. Tiña nove diais de reloxos de sol, unha clepsidra ou reloxo de auga no seu interior, unha brúxola e un cataventos no cume do tellado coa que apuntaba a cada un dos oito lados que representan unha dirección do vento:  Bóreas, Apeliotes, Euro, Noto, Cecias, Lipso, Escirón e Céfiro.