Desxeo polar, deterioro das correntes e desastre climático
As correntes oceánicas son fluxos lineais de auga salgada que contan con escasos metros de profundidade e un ancho moi variable xa que abarca varios centenares de metros. Están orixinadas por diferenzas de temperatura e salinidade, que determinan a densidade, entre dúas masas de auga. Sitúanse en océanos e en menor medida en mares moi extensos onde o seu curso virá determinado por factores tales como os ventos constantes e permanentes , o contorno da costa, a configuración do fondo oceánico e o movemento de rotación terrestre.
O conxunto global de todas as masas de auga oceánicas vese afectado por unha circulación convectiva que coñecemos como cinta transportadora ou circulación termohalina a cal é moi importante xa que se trata dun mecanismo que distribúe a calor a nivel global desde as rexións tropicais deica os polos. A circulación das augas é bastante complexa xa que cómpre distinguir entre correntes superficiais orixinadas polos ventos que a súa vez poden ser cálidas ou frías e as correntes profundas causadas polas diferenzas de densidade entre dúas masas de auga. Cabe dicir que a densidade decrece canto maior sexa a temperatura e crece coa salinidade.Ambos tipos
de correntes están relacionadas xa que toda a auga mariña do planeta forma un único e enorme océano planetario. É a partires desta idea pola cal xorde o modelo da cinta transportadora oceánica. Segundo dito modelo existe unha corrente oceánica superficial de augas quentes e pouco densas e outra profunda de augas frías moito máis densas. Ambas correntes recorren practicamente todo o planeta e se comunican entre si xa que existe unha zona de descenso no Atlántico Norte e outra de ascenso no Pacífico Norte.
A circulación global pode describirse como un fluxo superficial de auga que se quenta no Pacífico e Índico ata chegar o Atlántico onde tamén recibe calor en latitudes tropicais , para posteriormente fundirse no Atlántico Norte, retornando en niveles máis profundos. É o caso das correntes presentes no Atlántico Norte como poden ser a do Golfo, a Noratlántica(derivada da corrente do Golfo) e a Noruega que portan auga cálida deica o norte ata o océano Ártico. Ditas correntes son moi significativas no clima xa que ao longo do seu traxecto son quen de quentar aquela parte da atmosfera que as cobre, é por este motivo como explicamos o peculiar clima de Europa como por exemplo os seus invernos máis suaves que os doutros continentes situados nas mesmas latitudes. O posterior arrefriamento desta auga prodúcese a medida que esta avanza cara o norte xa que aumenta a súa salinidade debido a conxelación o cal provoca tamén un gran aumento da densidade que levará as masas de auga a fundirse ocupando así as capas profundas e o fondo oceánico. Estas augas que se funden son continuamente repostas polo transporte de augas superficiais procedentes do sur.
Por último, cabe dicir que o cambio climático que se está a operar na actualidade créese que terá un efecto moi negativo sobre as correntes, fundamentalmente as presentes no Océano Atlántico debido a que se verán alteradas pola desconxelación do xeo ártico e incluso poden chegar a deterse por este mesmo motivo. Este feito provocará que estas correntes deixen de ceder o calor que portan, polo que a temperatura pode chegar a descender entre 5-10 °C en zonas como Europa e noutras como Norteamérica descenderá un pouco menos. Ditas temperaturas que podemos chegar a acadar son similares as presentes no planeta durante o final da última era glacial. Tamén se cree que haberá un aumento crecente de precipitacións e neve en determinadas rexións xa que xeo que se vai derretendo deixa ao descuberto maior cantidade de océano o que provocará que se evapore na atmosfera maior cantidade de humidade.