Despedimos o ano Asorey

Asorey e San Francisco
2 Decembro 2011
Asorey-Vilariño

Os alumnos e alumnas de 6º do Colexio de Vilariño fumos de excursión a Santiago a ver a Catedral e a dar un paseo pola cidade e visitamos o monumento de Asorey dedicado a San Francisco de Asís.

Ao chegar ao colexio debuxamos os animais e as persoas que había nas esculturas e fixemos unha exposición polo corredor do centro. Logo a profesora fixo unha presentación no ordenador.