Deserto Salar de Uyuni
5 Xuño 2012
É o maior deserto de sal do mundo, cunha superficie de 12,000 km2. O seu diámetro é de 150 km de Norte a Sur, e 250 km de Este a Oeste. O grosor de terreo é de 10 m. Ten 4 illas e un volcán.
A área na que hoxe está o deserto, estaba cuberta hai 40.000 anos polo Lago Minchin, e posteriormente, hai 11.000 anos, polo lago Tauca. O deserto formouse pola evaporación de antigos mares que bañaban o continente americano.
É o salar máis grande do mundo e unha das maiores reservas de litio, tamén conta con importantes cantidades de potasio, boro e magnesio.
A súa beleza agreste e de horizontes infinitos fai que a terra se confunda co ceo.