Desculpas para non facer os deberes
Preguntamos a algúns profesores e recollemos exemplos de respostas que dan os alumnos e alumnas cando non fan os deberes.
-E que ti gardaches a miña carpeta, non sei onde está, e tamén perdín o libro, e non atopo as fotocopias das fichas...
-Empezoume a doer a barriga na hora anterior. -Xa, pero os deberes eran de onte, para hoxe. -Sí, pero quedáronme na casa.
-Quedoume a mochila no autobús, e o autobús marchou.
-Quedei castigado sen recreo.
-Miña nai non me avisou de que tiña que facelos.
-Peteiroumos unha galiña.
-E que miña nai non sabía facer os exercicios.
-Estaba eu escribindo na mesa da cociña e meu irmán pequeno tiroume o colacao por riba e tiven que tiralos ao lixo.
-Un que tiña que sair ao encerado sacou unha chuleta e ao pillalo o profesor fixo o disimulado -Quen me escribiu iso?
-Pasei toda a tarde buscando a plancha para alisar o pelo e non tiven tempo de facer os deberes.
-Cando estaba escribindo o meu gato subeuse á mesa e rompeume os papeis.
-Roubáronme a mochila.
-Cando miña nai me preparou a mochila non me meteu a libreta.
-Hoxe non tiñamos matemáticas (non sabe, ou non mira, o horario).