Descubren unha nova especie en Galicia

10 Febreiro 2011
Vieitezia

                   Dous Vieitezia luzmurubeae no interior dun mexón.

Vive no litoral galego entre algas e rochas de gran profundidade.

Ademais de ser unha nova especie é tamén un novo xénero dentro dos vermes nemertinos. Foi descuberto nas augas das Illas Cíes por Juan Junoy, profesor do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Universidade de Alcalá e Gonzalo Giriber e Sonia Andrade da Universidade de Harvard.

O nome púxoselle en honra a dúas persoas moi queridas. O xénero Vieitezia por José Manuel Vieitez, mestre dos biólogos e catedrático de zooloxía da Universidade de Alcalá. O nome específico luzmurubeae pola mergulladora e bióloga Luz Murube.

Un dos aspectos máis interesantes deste verme mariño é a súa vida sexual. É hermafrodita sucesivo: primeiro actúa como macho e despois como femia. As femias son máis grandes e de cores máis chamativas tendo por seguro unha maior produción de ovos. Son de fecundación interna polo que os ovos se fertilizan na auga. O mexón ou ascidia (Ciona Intestinalis) cumple coa funcion de incubadora. Ás veces atópanse un gran número de vermes reproducíndose no seu interior.

Co descubrimento da Vieitezia luzmurubeae son cincuenta as especies de nemertinos de España, a metade citados no Parque Nacional Marítimo Terreste das Illas Atlánticas de Galicia.

No mundo coñécense 1.300 especies de nemertinos, uns vermes sen segmentar, de corpo alongado e algo aplanado cun órgano característico, a probóscide ou trompa que recolle no interior dunha cavidade.