Descuberto o río subterráneo máis caudaloso de Europa en Avión

Trátase dun antigo canón granítico derrubado
7 Xaneiro 2014
Río subterráneo Avión

Grazas ao proxecto de investigación Proxies 2, coordinado polo Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade de A Coruña en colaboración co Clube de Espeleoloxía A Trapa-Cetra de Vigo, foi localizada unha cova granítica cun río subterráneo que é considerado o máis caudaloso de Europa localizado nunha formación de granito. Este río desaparece xusto na cabeceira do Avia, no Concello de Avión (Ourense) e somérxese en torno aos 250 metros antes de volver sair á superficie. A auga flúe a un ritmo de 8,29 metros cúbicos por cada metro lineal. Os expertos calculan que as variacións do nivel da auga, en función da época do ano, poden ser de ata 21 metros de altura.

A formación subterránea orixinouse no Terciario, hai entre 69 e 24 millóns de anos, como o resto das cavidades graníticas de Galicia. “A cova está desenvolvida sobre granitos, e o movemento da auga é tan continuo e o río foi tan caudaloso durante millóns de anos que encaixouse nunha fractura, e despois a fisura encheuse de enormes bloques. Por iso agora o río corre por debaixo deles”, explica o director do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal.

O máis parecido a esta cova de Albarellos, con caudais de certa entidade, podemos atopalo en Colorado, a HurricaneCave, e en California Millerton Lake Cave, ambas dúas en Estados Unidos.