Descuberta unha nova especie de mono

Vive nos bosques tropicais do Congo
13 Decembro 2012
mono lesula1

O mono lesula  (Cercopithecus Lomamiensis) foi atopado en catividade polos investigadoress estadounidenses John e Terese Hart, co apoio  da Fundación Arcus e o servizo de Vida Salvaxe e Pesca dos Estados Unidos, entre outros.

Esta é a segunda nova especie de mono africano que se descubre nos últimos 28 anos.

O lesula forma parte da familia dos Cercopithecidae, endémica de África subsahariana. Mide uns 50 cm de lonxitude, ten o corpo delgado e as extremidades longas, melena con pelo longo, de cor negro no lombo e bandas de cor ámbar, rostro pálido espido e boca de cor crema variable. Aliméntase de follas, froitos, gomos de flores e algunhas plantas herbáceas. Son moi tímidos e difíciles de ver. As principais ameazas que sofre é a caza local para consumo de carne.

John e Terese Hart viron por primeira vez un exempler deste mono en catividade en Opala (no centro da República Democrática do Congo), en xuño de 2007. A partir de ahí comezaron a busca de exemplares en libertade e durante cinco anos foron recollendo información que lles levou a facer a presentación científica da nova especie na resvista Plos One.

mono lesula