Descuberta a cuádruple hélice do ADN

31 Marzo 2013
ADN cuádruple

En 1953, os científicos James Watson e Francis Crick descubriron que o ADN humano presentaba unha estructura de dobre hélice e este importante descubrimento concedeulles o Premio Nobel en 1863. Sesenta anos despois investigadores da Universidade de Cambridge publican un articulo na revista Nature Chemistry, no cal afirman que o xenoma humano tamén contén estructuras de catro hélices, un descubrimento que podería axudar a comprender mellor o mecanismo de reproducción das células cancerosas.

Este Instituto de Investigación da Universidade de Cambridge leva máis de dez anos en busca destas estructuras humanas vivas. O maior interese desta investigación , é mostrar a relación entre estas complexas estructuras cuádruples e o proceso de replicación do ADN, que desempeña un importante papel no proceso de división celular.

Os investigadores británicos afirman que estas hélices cuádruples están máis presentes en aqueles xenes de células que se dividen con maior rapidez, como as células canceríxenas, de maneira que estas curiosas estructuras poderían supoñer un gran avance para os tratamentos oncolóxicos do futuro.