Descobrindo Plutón

5 Xaneiro 2016
Plutón

De que cor é Plutón? Esta resposta foi revelada polos primeiros mapas elaborados a partir dos datos da sonda da NASA New Horizons. Este aparello abraiounos cunha atmosfera de cor azul, malia que os científicos afirman que as partículas que forman esa bruma son dun ton vermello ou gris.

A causa disto é probablemente unhas partículas denominadas tholin, formadas a partir da luz ultravioleta e compostos orgánicos, “sucidade orgánica” por así dicilo. Os científicos creen que estas partículas fórmanse na alta atmosfera, onde a luz solar ultravioleta ioniza e rompe en anacos as moléculas de nitróxeno e metano, o que lles permite reaccionar entre si para formar ións máis complexos de carga negativa e positiva. Cando se ionizan forman macromoléculas moi complexas que continúan para combinar e crecer ata que se converten en partículas pequenas como gases volátiles que se condensan.

Que fai este feito tan importante? Ben, pois as tholin podrían ter implicacións para a vida como se amosou en diversos estudios científicos, nos que estas partículas produciron bloques de construción básicos para a vida, como son os aminoácidos. Estas, tamén podes mostrar información valiosa sobre a idade da superficie dun planeta e a composición. Isto significa que en planeta o cal carece destes compostos orgánicos o ben sería moi xoven ou ben estaría sometido a procesos de eliminación como a choiva.

Sonda New Horizons

Nun segundo achádego significativo, New Horizons detectou numerosas pequenas rexións, compostas de xeo de auga en Plutón. O descubrimento foi realizado a partir de datos recollidos por unha composición espectral.

Un aspecto curioso desta detección é que as áreas que amosan as firmas espectrais de xeo de auga máis evidentes corresponden as áreas que son de color vermello brillante.

Por último é necesario destacar que grazas a esta sonda puídose axustar o diámetro de Plutón ós 2.374, é dicir algo menor que os cálculos anteriores. Isto significa que este planeta é máis denso do que se esperaba.

See video