A deforestación

4 Maio 2011
deforestación1

A deforestación é a destrucción masiva dos bosques pola acción humana.

Millóns de hectáreas de bosque son destruídas anualmente. Estas son taladas ou queimadas, aproximadamente a superficie dun campo de fútbol cada dous segundos.

A deforestación avanza a un ritmo duns 17 millóns de hectáreas ao ano. Este proceso trae consigo grandes catástrofes como a erosión do solo ou a desestabilización das capas subterráneas, que á súa vez produce inundacións ou secas. Reduce a biodiversidade, o que trae como consecuencia a morte de moitas especies, tanto animais como vexetais, que quedan en perigo de extinción ou, en moitos casos, que se extinguen para sempre.

Os bosques desempeñan un papel clave no almacenamento de carbono, pois son os pulmóns da Terra, porque absorben dióxido de carbono (CO2) e convérteno en osíxeno, facilitando a respiración dos seres vivos. Cando se destrúen, o exceso de dióxido de carbono na atmosfera contribúe ao quecemento global da Terra, e esto causa multitude de efectos secundarios problemáticos.

deforestación2

Hai que pensar nun desenvolvemento sostible, no que lle quedará aos nosos sucesores... porque ninguén quererá que a nosa descendencia viva nunha terra destruída, e aínda por riba grazas a nós mesmos.

Por iso hai que tentar non destruír tanto. Nós podemos contribuír reducindo o uso do papel, reciclando todo o que sexa posible, aproveitando as cousas de papel e cartón e reutilizando... e tamén plantanto algunha árbore.

 

deforestación