Decembro 2010
É o duodécimo e último mes do ano. O seu nome ven de ser o décimo mes do calendario romano.
A pedra de decembro é a turquesa e a flor o narciso.
Ás árbores cáenlle as últimas follas, florecen as camelias e os ciclames e emparéllanse os limpafontes. É tempo de podar e de pañar mariscos para vender no Nadal. Nas rochas de mar aberto páñanse os percebes e na ría camaróns, centolos, ameixas...
Hai moitas datas destacadas: Día Mundial da Loita contra o SIDA (1), Día do Médico (3), Conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10), Nadal (25), Santos Inocentes (28), Fin de ano (31)...
O Nadal é unha tradición cristiá que conmemora o nacemento de Xesús. A xente fai Beléns e ás veces árbores de Nadal, aínda que non son da nosa tradición. O 28 gástanse bromas aos amigos.
O día 21 é a noite máis longa e o día máis curto (dura 9 horas e 3 minutos) no Hemisferio Norte e comeza o inverno.
O tempo foi moi variable. Comezou o mes con moito frío e con grandes nevadas en toda Europa e Norteamérica. A temperatura media foi de 10,2 ºC. Houbo 20 día de chuvia e caíron 181, 6 l/m2 . O día que máis choveu recolléronse48,8 l.
“Entre Santos e Nadal é inverno natural”
“Nadal mollado e xaneiro ben xeado”
“Por Santa Lucía medra a noite e míngua o día”.