Día Mundial dos Océanos
O oito de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Esta data sinalada foi creada en 1992 en ocasión da realización da Cumbre Mundial en Río de Xaneiro en Brasil. Un día para recordar a importancia do mar para o planeta e para as nosas vidas. O seu funcionamento determina o clima e permite explicar a diversidade da vida que hai no noso planeta.
Os océanos formáronse hai 4.000 millóns de anos e conteñen a maior parte da auga líquida da Terra. Ocupan 361.000.000 km2 da superficie da Terra cunha profundidade media de4 km.
Existen varios océanos en todo o mundo:
-Océano Pacífico, o máis grande, con 155.557.000 km2
-Océano Atlántico: 76.762.000 km2
-Océano Índico: 65.556.000 km2
-Océano Glaciar Ártico: 14.056.000 km2
-Océano Glaciar Antártico: 20.327.000 km2
Os océanos teñen unha gran importancia para a vida e a economía:
-Xeran a maior parte do osíxeno que respiramos.
-Limpan a auga que tomamos (regulan o ciclo da auga).
-Moderan o noso clima.
-Son o habitat de millóns de especies. Os océanos conteñen o 80% da diversidade biolóxica da Terra. Nas costas concéntrase o 60% da poboación mundial.
-Porporciónanos alimentos.
-Producen moitos empregos na pesca, no marisqueo, na acuicultura, nos transportes, no turismo...
-Do fondo do mar extráense moitos minerais como o magnesio ou o sal.
-Son unha gran fonte de enerxía.
-Ofrécenos unha farmacopea de mediciñas potenciais.
-Proporcionan unha inspiración sen límites
Curiosidades:
Para os antiguos gregos, a Terra era un disco plano rodeado por un gran mar exterior, o Oceanus no que vivían toda clase de criaturas fantásticas baixo o goberno de Poseidón (o deus do mar, fillo de Titán Cronos e a titánide Rea, e irmán de Zeus e Hades).