Día Mundial dos Océanos
O oito de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Esta data sinalada foi creada en 1992 en ocasión da realización da Cumbre Mundial en Río de Xaneiro en Brasil.
Un día para recordar a importancia do mar para o planeta e para as nosas vidas.
O seu funcionamento determina o clima e permite explicar a diversidade da vida que hai na Terra. Son fonte de enerxía e alimentos, lugar de lecer, e para o transporte, proporcionan medicamentos e minerais...
Son o habitat de millóns de especies. Os océanos conteñen o 80% da diversidade biolóxica da Terra.
Nas costas concéntrase o 60% da poboación mundial que á vez é a principal fonte de agresións á saúde dos océanos.
Sabias que?
-A contaminación da auga costeira produce máis de 250 millóns de casos de gastroenterite ou enfermidades respiratorias por bañarse en augas contaminadas.
-Comer mariscos infectados produce ata 100.000 morte ao ano.
-O 50% do lixo dos océanos é plástico, que tarda varias décadas en desaparecer.
-Unha gran parte das especies de peixes comerciais están en perigo de desaparecer.