Día Mundial dos Humidais

3 Febreiro 2011
día m humidais

O 2 de febreiro está adicado aos Humidais, en recordo da sinatura en 1971 da Convención Internacional sobre Humidais en Ramsar (Irán).

O Convenio de Ramsar define así os humidais:

“As extensións de marismas, pantanos e turbeiras, ou superficies cubertas de auguas, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, dóces, salobres ou salgadas, incluídas as extensións de augua mariña cunha profundidade en marea baixa que non exceda os seis metros”.

Os humidais constitúen un valioso patrimonio natural e cultural. Figuran entre os medios máis produtivos do mundo, cunha gran biodiversidade. Son fundamentais para o equilibrio medioambiental porque regulan a distribución da auga e actúan como depuradoras naturais. Son fontes de produtividade primaria da que dependen moitos animais e plantas para criar e alimentarse. Supoñen un importante "colchón" para mitigar os efectos do cambio climático. Pero tamén son áreas moi sensibles que está a sofrir constantes agrasións: `presións urbanística (especialmente os costeiros), contaminación, construción de recheos, pistas parques eólicos... En España desapareceron o 60 por cento dos humidais costeiros.

Galicia conta con máis de 1.100 humidais. É a comunidade da península ibérica con maior diversidade de ecosistemas que se poden catalogar como zonas húmidas: lagoas, brañas, xunqueiras, bosques húmidos, turbeiras, pradeira higrófilas... cunha gran riqueza de hábitats e especies. E só algúns deles contan con algún tipo de protección legal.

HUMIDAIS RAMSAR. Zonas húmidas de importancia Internacional.

Protexidos polo convenio Internacional RAMSAR (Irán, 1971). Inclúe humidais mariños e costeiros, continentais e artificiais. Espazos que destacan por ser importantes hábitats para as aves acuáticas. Protexidos tamén pola lexislación autonómica.

Protexe 1.800 humidais en todo o mundo que ocupan 1.852.000 km². O país con maior número de lugares é o Reino Unido con 169, o de máis seuperficie Canadá, con más de 130.000 km². En Galicia hai cinco.

Zonas de especial protección para as aves (ZEPA)

Áreas nas que resulta imprescindible a conservación das aves silvestres amenazadas de extinción. Parte da consideración de que as aves son patrimonio común de todos os países. En Galicia hai 15 ZEPAs que son tamén Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.

Rede Natura 2000, Lugares de Interese Comunitario (LIC), Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (zepvn)

Creada pola Unión Europea, coa finalidade de conservar a natureza e a biodiversidade no seu territorio. Formada por espazos propostos polos Estados membros. En Galicia hai 75 espazos con esta protección, moitos deles son humidais.

humidais Galicia-m

ALGÚNS HUMIDAIS GALEGOS PROTEXIDOS