Día Mundial do Sol

4 Xullo 2011
SOL

O Día Mundial do Sol celébrase o mesmo día que o solsticio de verán, o día máis longo do ano no hemisferio norte.

O obxectivo desta celebración é promocionar e apoiar o emprego das fontes de enerxía renovables, en especial a solar, a que menos contamina e a máis económica e da que xa se dispón de suficiente tecnoloxía.

As organizacións ecoloxistas queren aproveitar para denunciar o baixo nivel de aproveitamento solar que hai en España, por detrás de Alemania, Austria, Noruega ou Dinamarca, países con bastantes menos horas de sol. Piden que as distintas administracións promocionen a enerxía solar térmica e fotovoltaica, especialmente en edificios públicos.