Día Mundial do Libro

4 Maio 2011
Día libro

O día do Libro celébrase o 23 de abril, xunto co día dos Dereitos de Autor.

Celebrouse por primeira vez promovida pola UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edicición e publicacións impresas e protexer os dereitos de autor.

É un día no que se rinde homenaxe ao libro e aos seus autores. Un 23 de abril de 1916 morrían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Tamén naceron nese día Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.

Esta festa ten a súa orixe en Cataluña (desde a Idade Media), onde a festa do libro está ligada á celebración de San Xurxo (San Jordi), coa tradición de que os homes agasallen ás mulleres cunnha rosa e elas e eles cun libro.

Algunhas curiosidades:

-O libro máis lido do mundo é a Biblia, con 3.000.000.000 de exemplares. Séguelle as Citas de Mao Zedong, con 2.000 millóns de exemplares, O Quixote, O Corán e A Historia de dúas Cidades de Dickens. En galego Memorias dun Neno Labrego, de Neira Vilas.

-Os libros de literatura infantil e xuvenil máis editados son Harry Potter e O Señor dos Aneis.