Día Mundial contra a escravitude infantil

4 Maio 2011
escravitude infantil

O 16 de abril celebrouse o Día Mundial Contra a Escravitude Infantil

Enténdese por explotación infantil o traballo de nenos e nenas en calquera sistema de produción económica dun país, unha rexión ou no mantemento económico dun grupo ou clan familiar.

A explotación infantil é un feito que azota en especial a países en vías de desenvolvemento, se ben tamén implica aos países industrializados.

Case catrocentos millóns de nenos e nenas son explotados en todo o mundo, dos que 165 millóns son menores de cinco anos e 171 millóns corren grave perigo. Son empregados en fábricas, minas, agricultura, para as guerras, a prostitución, o mundo do espectáculo (como circos) e moitos son sometidos a malos tratos coa anulación dos seus dereitos.

A mellor maneira de loitar contra a escravitude infantil é favorecendo a educación e a cultura a nivel xeral e, moi especialmente, o desenvolvemento económico dos países pobres que é onde este fenómeno é máis grave.