Día Mundial contra a desertificación e a seca

4 Xullo 2011
SECA

Desde 1994 o 17 de xuño celébrase o Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca, en conmemoración da adopción da  Convención das  Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación.

O 16 de agosto de 2010 na Segunda Conferencia Internacional sobre o Cambio Climático, Sostibilidade e Desenvolvemento Sostible en rexións semi-áridas (Fortaleza-Brasil) lanzouse tamén o Decenio das Nacións Unidas para os Desertos e a Loita contra a Desertificación que estará vixente ata decembro do 2020.

Os principais obxectivos son a promoción de accións que protexan as terras secas e buscar oportunidades para realizar cambios de cara a que nun futuro poidan contribuir ao benestar humán. Revertir e previr a desertificación e a degradación das terras e mitigar os efectos da seca para colaborar na redución da pobreza e na sostibilidade ambiental.

No caso de non tomarse medidas a situación pode chegar a ser moi grave. Actualmente o 25% da superficie terrestre, na que viven 1.100 millóns de persoas de 100 países, corre risco de desertificación, o que pon en grave risco tamén a seguridade alimentaria.

As áreas máis ameazadas son os desertos e as terras secas e semiáridas, nas que vive un 40% da poboación mundial e onde se atopan o 44% das áreas cultivadas. Cada ano pérdense seis millóns de hectáreas de terra produtiva.

As principais causas da degradación do solo son o cambio climático, a agricultura non sustentable ou a deficiente xestión dos recursos hídricos.

En España o 42% do territorio sofre procesos de erosións que superan os límites tolerables. En Galicia hai que angadir tamén como causa importante os incendios forestais.

desertos