Día Internacional para a Abolición da Escravitude

4 Xaneiro 2012
nenos traballo

O 2 de decembro conmemorouse o Día Internacional para a Abolición da Escravitude, en recordo da data (1949) en que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o Convenio para a represión da trata de persoas e da explotación da prostitución allea.

O día céntrase na erradicación das formas contemporáneas de escravitude, como a trata de persoas, a explotación sexual, a explotación laboral da infancia, o matrimonio forzado e o reclutamento forzoso de nenos para seren utilizados en conflictos armados.

Reproducimos a mensaxe do Secretario Xeral da ONU e achegamos unha presentación para reflexionar.

Para erradicar as formas contemporáneas da escravitude precisamos novas estratexias e medidas que poidan unir a todos os axentes. Se ben os gobernos teñen a responsabilidade primordial, ao sector privado correspóndelle desempeñar unha función integral. A comezos deste ano, o Consello de Dereitos Humano aprobou os Principios Rectores sobre as Empresas e os dereitos Humáns que definen a maneira en que os Estados e as empresas deben poñer en práctica o marco das Nacións Unidas para “protexer, respectar e remediar”...

Aquí temos un pequeno exemplo: