Día da muller traballadora

Entrevista a unha mariscadora
10 Marzo 2011
Día da muller

O 8 de marzo celebrouse o Día da Muller Traballadora, unha data que recorda a loita que durante máis de cen anos levaron a cabo os grupos de mulleres ppara acadar o dereito a voto, o respecto pola súa dignidade como persoa e a mellora das condicións de traballo en igualdade.

Como achega a este importante evento presentamos un traballo feito en 2007 por dous alumos de primeiro de ESO sobre o traballo e a loitas das mariscadoras de Cambados.

 Antigamente o Serrido estaba vixiado polos contramaestres. Só se podía ir cando abría a veda. Este Serrido era moi rico e había moitas especies de moluscos. Tiña moita ameixa fina, moita babosa e moitísimos berberechos.

No Lombo Branco e nas Bocas das Pozas había moitas navallas e no Varal ostras. Non había a tan cotizada agora ameixa xapónica. O Serrido servía para coller crías para outras praias.

Os instrumentos das mulleres eran sachos para as ameixas e para as navallas, e angazos para os berberechos. Outra forma de coller ameixa e longueirón e ao burato. Petabas e abría o burato e na auga os buratos estaban abertos. Coa fisga collíanse os longueiróns.

As mulleres cando ían aos berberechos levaban unsha especie de flotador, pero grande, tiñan unha roda para poder levar os sacos de berberechos.

Cando ías na veda os contramaestres andaban a tiros contigo. E cando estaba en seca ata ían a cabalo detrás das mulleres.

Antes había varias secas. Tanto ían de noite como de día. Moitas veces cando os da comandancia ían tras nosa íbamos correndo ata Castrelo; tiñamos que escapar coa auga ata os pescozo, e eles seguían na beira esperándonos, pero non nos redíamos.

Despois, moitos anos despois, quixeron mercar o Serrido xente particular, pero as mariscadoras loitaron polo seu traballo. Algunha ata descubríu o que se sente entre rellas!.

Ata saíu unha comparsa de Cambados

“O Paparolo quería comprar

5.000 metros de Serrido

pero non o quixemos dar.

Quitaron areeiras que había polo río para que houbera Serrido.

Agora coa Xunta funciona como unha empresa. As mulleres se queren traballar teñen que quitar o título de mariscadoras. E as prazas só se dan con cotas. É dicir, cando unha mariscadora se da de baixa por xubilación, ou por que prefire traballar noutra cousa, entón é cando algunha das que paran poden entrar.

mariscadoras