Día da Árbore
O 21 de marzo, coíncidindo co comezo da primavera, celébrase o Día da Árbore, chamado tamén Día Forestal Mundial, para recordarnos a todos e todas a importancia que teñen as árbores para o medio ambiente.
Celébras e anivel internacional desde 1971. Algúns países fanno antes: Suecia, dedes 1940, Paraguai desde 1904.
Na maioría dos lugares plántanse árbores en xardíns e lugares públicos.
Algunhas curiosidades sobre as árbores
A mái vella do mundo: pícea en Dalarna (Suecia) de 9.550 años.
O conxunto de árbores máis vellas que se coñecen son piñeiros de Tasmania, ou piñeiro de Huon (Lagarostrobus franklinni), con 10.500 anos.
A máis vella de España: un teixo en Rascafría (Val de Valhondillo-Madrid), ten arredor de 2.000 anos.
A máis vella de Galicia: Sobreira de Balboa (Arnois), com máis de 600 anos.
Árbore máis alta do mundo: secuoia vermella Hiperion, con115,5 m. California.
Árbore máis alta de Galicia e de España: eucalipto “O avó” de Chavín (Viveiro-Lugo), con67 mde altura e 100 anos.
Árbore máis grosa do mundo: alcipreste de Oaxaca (México) con14,05 mde diámetro e40 mde contorno.
Árbore máis grosa de Galicia: Castiñeiro de Pumbariños (Souto de Rozabales-Manzaneda):13 mde perímetro.