Día de Acción Global contra o Cambio Climático

6 Decembro 2011
cambio climático

En decembro, coincidindo coa celebración do Cumio do Clima en Durban (África do Sur) o movemento ecoloxista mundial convocou un día de acción global con numerosos actos en moitos países para chamar a atención dos gobernos sobre a importancia de chegar a un compromiso sobre o clima.

“Demandamos aos líderes mundiais que tomen as accións urxentes e resolutivas que necesitamos para previr a catastrófica desestabilización do clima global, para que o mundo enteiro poida unirse tan rapidamente como sexa posible a un tratado de reducción de emisións máis ambicioso, que sexa tanto equitativo como efectivo para previr un cambio climático perigoso.”

“Ademais, demandamos que os países industrializados, os que teñen emitido a maioría dos gases de efecto invernadeiro ata o momento, tomen a responsabilidade das medidas de adaptación necesarias, sobre todo para os países que emiten menos e con recursos económicos limitados.”

“O cambio climático afectará primeiro, e con máis virulencia, aos máis pobres. Aqueles que teñen as posiblidades económicas para actuar, deben facelo dun xeito urxente e decisivo.”