Día Mundial de loita contra a Desertificación
O 17 de xuño celébrase o Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca, en conmemoración da adopción da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación.
Este evento pretende facernos pensar na importancia de loitar contra este grave problema que afecta ao planeta e, mois especialmente aos países áridos, entre os que se atopa unha boa parte de España. No caso de non tomarse medidas a situación pode chegar a ser moi grave.
O 16 de agosto de 2010 na Segunda Conferencia Internacional sobre o Cambio Climático, Sostibilidade e Desenvolvemento Sostible en rexións semi-áridas (Fortaleza-Brasil) lanzouse tamén o Decenio das Nacións Unidas para os Desertos e a Loita contra a Desertificación que estará vixente ata decembro do 2020.
ALGÚNS DATOS:
-Actualmente o 25% da superficie terrestre, na que viven 1.100 millóns de persoas de 100 países, corre risco de desertificación, o que pon en grave risco tamén a seguridade alimentaria.
-As áreas máis ameazadas son os desertos e as terras secas e semiáridas, nas que vive un 40% da poboación mundial e onde se atopan o 44% das áreas cultivadas.
-Cada ano pérdense seis millóns de hectáreas de terra produtiva.
-As principais causas da degradación do solo son o cambio climático, a agricultura non sustentable ou a deficiente xestión dos recursos hídricos.
-En España o 42% do territorio sofre procesos de erosión que superan os límites tolerables.
-En Galicia hai que angadir tamén como causa importante os incendios forestais.