Día Mundial dos Humidais

3 Febreiro 2012
día humidais

O 2 de febreiro celebrouse o Día Mundial dos Humidais, coincidindo co aniversario da data en que se adoptou a Convención sobre os Humidais,  en 1971. Este día aprovéitase en todo o mundo para chamar a atención sobre a importancia destes ecosistemas para a flora e a fauna e para o mantemento da vida en xeral.

O tema para este ano é “Humidais e turismo”. Un dos factores que axuda ao mantemento das economías das áreas próximas aos humidais é a visita de turismo que achega importantes recursos e contribúe a difundir os seus valores. Pero é importante educar aos visitantes nun comportamento respectuoso co ambiente e os seres vivos e despertar o interese polo seu coñecemento e goce facendo do turismo unha actividade sostible.

A Convención sobre os Humidais asinouse na cidade iraní de Ramsar o 2 de febreiro de 1971, hai 41 anos. Este convenio define así os humidais:

extensións de marismas e pantanos, ou superficies cubertas de auga, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, dóces ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña cunha profundidade na marea baixa menor de seis metros”.

A Lista de Zonas Húmidas de Importancia Internacional está composta actualmente por máis de 1.900 humidais de 117 países que cobren unha superficie de 1.900.000 km2. En España hai 73 e en Galicia 5, entre as que se atopa o Complexo Intermarela Umia-O Grove.

Moitas das antigas civilización asentáronse asociadas ás zonas húmidas e o benestar de moita xente segue dependendo hoxe en día destas: subministro de auga, agricultura, pesca, marisqueo, turismo... Nas mans de todos e todas está o que segan conservando o su valor para o futuro.