Día Mundial do Medio Ambiente

6 Xuño 2011
Día do Medio Ambiente

O cinco de xuño celébrase cada ano o Día Mundial do Medio Ambiente. Unha data establecida pola Asanblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución do 15 de decembro de 1972, coa que se dou comezo á Conferencia de Estocolmo (Suecia) co ambiente como tema central.

Esta celebración é un dos principais vehículos que empregan as Nacións Unidas para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente, chamar a atención sobre os problemas do Planeta e promover as accións políticas para resolvelos.

Búscase darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convirtan en axentes activos dun desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara aos temas ambientais e fomentar a cooperación que garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis próspero e seguro.

Algúns problemas ambientais:

Cambio climático: frear o quecemento global custa pouco, segundo a ONU, pero aínda así o Planeta está patas para arriba. Conseguir que a temperatura media no se eleve máis de dous graos tería un custo del 0,6% del PIB mundial previsto para 2030. Os datos indican que as vagas de calor serán máis frecuentes, as inundaciones provocadas polo desxeo deixarán uns 200 millóns de refuxiados e extinguiranse numerosas especies.

Agua: a escaseza provoca a morte duns dous millóns de nenos ao ano, segundo datos del PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento). A mala xestión fai que 1.100 millóns de habitantes carezan deste ben.

Superficie forestal: no mundo pérdense 7,3 millóns de ha ao ano de superficie forestal, segundo a FAO. Calcúlase que para 2020, 135 millones de personas (60 millones en África subsahariana) terán que abandonar as súas terras pola desertización.

Todos podemos facer algo para contribuír á mellora do medio ambiente.

Pensa globalmente e actúa localmente.

Día do Medio Ambiente1