Día Mundial das aves migratorias
O 14 e 15 de maio celébrase o Día Mundial das Aves Migratories que se aproveita para facer unha sensibilización dirixida a promover a súa protección e a conservación dos seus hábitats en todo o mundo.
Moitas aves realizan viaxes de miles de quilómetros para desprazarse entre os lugares onde pasan o inverno e onde crían.
Segundo alerta o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) un 15% das especies de aves migratorias (das 1,800 que existen no mundo) están ameazadas. 25 destas especies atópanse en perigo de extinción, entre elas o periquito de ventre laranxa, o mazarico fino, a avefría sociable, ou o albatros das Galápagos.
A principal ameaza para este tipo de aves é o cambio climático. Os adiantos da primavera, o retraso do outono, as secas... provocan alteracións na conduta de moitas especies. Tamén lles afecta a contaminación lumínica das cidades, o emprego de pesticidas e as alteracións dos hábitats, especialmente das áreas de descanso, alimentación e reprodución.
Na nosa zona hai un importante lugar para o desacanso das aves, a Enseada do Umia-O Grove, onde se concentran cada ano miles de aves procedentes do norte que pasan o inverno aquí ou que descansan nos seus pasos de outono ou primavera camiño de África ao norte de Europa e viceversa.
A agulla colipinta (Limosa lapponica) cría nas costas do Ártico e na tundra de Europa e Asia e inverna nas costas de rexións temperadas. Fai o voo máis longo sen paradas que se coñece nas aves e tamén a viaxe máis longa sen pausas para alimentarse que realice ningún animal (13.690 km entre Alaska e Nova Celandia)