Día Mundial das Aves
O catro e cinco de outubro celebrouse o Día Mundial das Aves. A SEO/Birdlife organizou diversas actividades que pretenden achegar o mundo das aves ao público en xeral; para que o interese polas aves anime á xente a unha maior participación e apoio na conservación do medio ambiente.
Tamén para dar a coñecer as ameazas ás que se enfrontan as aves e as medidas de conservación necesarias para a súa supervivencia.
O tema escollido este ano en España é a caza ilegal de aves migradoras, co fin de chamar a atención sobre prácticas que aínda se realizan de xeito xeral como o parany nas comunidades de Valencia, Cataluña e Aragón, que consiste consiste básicamente en atrapar aves cando se pousan nas árbores-trampa que se impregnan con pegamento ou liga, impidíndolles voar, para despois matalas aplastándolles o cráneo cos dedos. Está modalidade de caza está prohibida por las leis españolas e europeas.
Un informe de BirdLife International (07/07/11) revela datos preocupantes sobre a caza ilegal de aves en toda Europa. Nel aparecen recollidos unha gran variedade de métodos ilegais que existen actualmente para capturar e/ou matar aves. Un dos sistemas máis preocupantes é o emprego de velenos, que ademáis resilta perigoso para outras especies, incluídas as persoas.Existen datos comprobados de delitos contra a vida silvestre, nos que máis de 81 especies de aves estrictamente protexidas son as principales víctimas.