Día Internacional para a Preservación da Capa de Ozono

4 Outubro 2011
capa ozono

O 16 de setembro celebrouse o Día Internaciónal da Protección da Capa de Ozono. Esta data conmemórase desde 1985, en que se adoptou o Convenio de Viena coa intención de concienciar á xente da importancia que esta ten para a Terra e de tomar medidas para protexela.

A capa de ozono é un delgado escudo de gas que se atopa na estratosfera, entre os 19 e os23 kmde altura e envolve ao planeta protexéndoo dos raios do Sol.

O ozono é un gas que se produce mediante o efecto da luz solar sobre o osíxeno. É a única substancia na atmosfera capaz de absorber a radiación ultravioleta. A diminución do ozono na atmosfera fai que aumenten os niveis de rediación UV que dana aos seres humanos, as plantas e os animais.

Desde que se firmaron acordos para a súa protección decreceu a produción de substancias prexudiciais para o ozono, especialmente os CFCs. Pero existe tamén un crecemento constante doutros produtos industriais moi perigosos.