Curioso habitante das dunas. A formiga león

2 Abril 2012
formiga león1

Na excursión que fixemos polas dunas da praia de Magor atopamos un curioso animal que nos chamou a atención porque se movía no interior dun burato na area.

O guía explicounos que era unha larva de formiga león.

Fixémolles fotos e investigamos un pouco sobre ela.

A formiga león (Myrmeleon formicarius) é un insecto semellante ás libeliñas que pode acadar de 6 a 8 cm de envergadura e pon os seus ovos en zonas de area solta onde as larvas escavan unhas curiosas trampas para cazar.

O nome de formiga león venlle pola súa larva que vive en chans areentos nos que excava un buraco en forma de funil no que se agocha, deixando sobresaír só as mandíbulas. Os insectos pequenos, xeralmente formigas, caen nesta foxa e tentan saír subindo polas paredes. A larva detecta a súa presenza polos derrubes que provocan e lánzalles area para que caian ao fondo e así poder cazalos coas súas potentes mandíbulas. Antes de converterse en adulta pasa un tempo dentro dun casulo recuberto de area. Os adultos son depredadores e aliméntanse de pequenos insectos.

formiga león
See video