Curiosidades dos elementos químicos (VI)
Na actualidade coñécense 118 elementos químicos, 92 existen na natureza e o resto son sintéticos, algúns cunha vida de só unhas milésimas de segundo. A maioría (78) son sólidos a temperatura ambiente, 11 son gases e só dous son líquidos.
Na prehistoria eran coñecidos o carbono, xofre, ferro, cobre, cinc, arsénico, prata, estaño, antimonio, ouro, mercurio, chumbo e bismuto.
O primeiro descubrimento científico dun elemento, atribúese a Henning Brand, quien illou o fosforo (P) no século XVII. Máis adiante, no século XVIII coñecéronse os elementos gasosos (osíxeno, hidróxeno, nitróxeno e cloro e consolidouse o concepto de elemento.
Os elementos organízanse nunha táboa periódica en función das súas estruturas atómicas e propiedades. O elemento co número atómico máis baixo é o hidróxeno (1), primeiro da táboa, e o de número atómico máis alto o ununoctio (118), último da táboa.
Dimitri Mendeléyev (químico ruso, 1834-1907) publicou “Principios da química” no que desenvolveu a teoría da táboa periódica dos elementos. En 1972 volveu a publicar outra máis completa. Naquela época coñecíanse 63 elementos químicos.
ALGUNHAS CURIOSIDADES:
-Elemento con maior peso atómico da táboa periódica: copernicio (277 veces máis que o hidróxeno). O elemento con maior peso atómico dos que se atopan na natureza é o uranio.
-Elemento máis denso: iridio (22,65)
-Elemento máis lixeiro: hidróxeno (0,0899)
-Metal máis lixeiro: magnesio (1,73)
-Elemento co punto de fusión máis alto: carbono (3.550 ºC)
-Elemento co punto de fusión máis baixo: helio (-272,2 ºC)
-Metal co punto de fusión máis baixo: mercurio (-38,87 ºC). É o único metal puro en estado líquido a temperatura ambiente.
-Elemento químico co punto de ebulición máis alto: volframio (5.560 ºC)
-Elemento químico co punto de ebulición máis baixo: helio (-269 ºC)
-Metal máis resistente e lixeiro: titanio
-Mellor condutor da calor: prata
-Elemento con máis alta capacidade calorífica: niobio.
-Mellor condutor da corrente eléctrica: ouro
-Metal que menos conduce a corrente eléctrica: bismuto.
-Elemento con maior resistencia á tracción: boro.
-Elemento máis duro: carbono (diamante, dureza 10)
-O máis electronegativo e reactivo de todos os elementos: flúor.
-Os elementos máis tóxicos: arsénico, talio, mercurio, chumbo
-Os elementos máis radioactivos: xenón e cesio.
-O elemento máis abundante do Universo: hidróxeno (e o noveno da Terra)
-O elemento máis abundante da Terra (na atmosfera, na auga e en moitos compostos): osíxeno. -Respírano os seres vivos e prodúcenos as plantas na fotosíntese.
-O metal máis abundante da Terra: aluminio (8,3 % da codia terrestre).
-O elemento máis escaso: xenón (0,02 ppb na codia terrestre)
-O elemento de vida máis curta: roentxenio (15 milisegundos).
-O último elemento químico descuberto que se atopa na natureza: renio
-O metal estrutural máis empregado: ferro (o 95% en masa).
-O metal que se coñece desde tempos máis antigos: cobre. Empregado por primeira vez uns 8.000 anos a.C.
-Os elementos máis caros: uranio, platino, renio, rodio, paladio.