Curiosidades dos elementos químicos (V)

Idiomas
2 Novembro 2011
elementos químico 1º

Táboa elaborada con debuxos de 1º de ESO

A orixe dos nomes dos elementos químicos é moi variada. Os que foron descubertos desde tempos antigos levan o nome derivado da palabra orixinal con que se coñecía, xeralmente en grego ou latín. Outros levan o nome no idioma dos seus descubridores (alemán, sueco, castelán...).

Os científicos seguen usando os idiomas clásicos para nomear novos elementos, xeralmente facendo referencia á algunha das súas características. Tamén empregan nomes de lugares, astros, persoaxes mitolóxicos ou científicos destacados.

 

GREGO

Curiosidades dos elementos químicos

Unha boa parte dos nomes dos elementos químicos proceden do grego antigo e o su nome fai referencia a algunha característica ou relaciónase cun ser mitolóxico.

Actinio: de “aktinos”, raio luminoso, destello..

Argón: de “argos” (inactivo)

Arsénico: de “arsenikon” que significa oropimente amarelo, un pigmento de trisulfuro de arsénico.

Astato: de “astatos” (inestable).

Bario: de “barys” (pesado).

Bromo: de “bromos” (fedor).

Cloro: de ”chloros” (amarelo verdoso).

Criptón: de “kryptós” (oculto, secreto)

Cromo: de “chroma” (cor), polas cores dos seus compostos.

Disprosio: de “dysprositos” (dificil de obter, de dificil acceso).

Fósforo: de “phósphoros” (portador da luz) porque brilla na escuridade.

Helio: de “helios”, sol

Hidróxeno: de “hydro genos”, xerador de auga.

Iodo: de “iodes”, morado ou violeta, pola cor dos seus vapores.

Lantano: de “lanthaneis” (agochado, o que xace oculto).

Litio: de “lithos”, pedra.

Manganeso: de “magnes”, magnético.

Mercurio: o símbolo ven de “hydrargyros” (prata líquida, prata acuática).

Molibdeno: de “molybdos” que significa chumbo, pois nun comezo tomárono por un mineral dese metal

Neodimio: das palabras gregas “neos didymos”, que significan novo xemelgo porque foi descuberto á vez que o praxeodimio.

Neón: de “neos” (novo)

Nitróxeno: de “nitrum genos”, enxendrador de nitro (nitratos)

Osíxeno: de “oxys genoos”, enxendrador de óxidos.

Osmio: de “osme” (olor), polo cheiro desagradable dalgúns dos seus compostos.

Praseodimio: das palabras gregas “prasios didymos”, que significan xemelgo verde porque foi descuberto á vez que o neodimio.

Protoactinio: de “protos” (primeiro) e “actinium

Rodio: de “rhodon”, rosa.

Talio: de “thallos” (ponla verde) pola cor do espectro luminoso.

Tecnecio: de “technetos” que significa artificial, por ser o primeiro elemento obtido sintéticamente.

Xenón: de “xenós” (extranxeiro, raro, estrano)

 

LATÍN

Aluminio: de “alumen” (alume).

Antimonio: de antimonium” unha latinización da palabra árabe انتيمون ("al-ithmīd"), que á súa vez era unha arabización da palabra latina “stibium” (banco de area gris brillante) da que deriva o símbolo. Outras teorías suxiren é un composto das palabras latinas “anti"(medo) e “mono” (só); que faría referencia á súa existencia na natureza normalmente como composto.

Cadmio: de “cadmia” (en grego kadmeia), que significa “calamina”, o nombre antigo do carbonato de cinc.

Calcio: de “calx” (cal).

Carbono: de “carbo” (carbón vexetal).

Cesio: decaesius” (azul celeste) polas cores do seu espectro.

Cobre: de “cuprum”, nome da illa de Chipre.

Chumbo: o nome en latín era “plumbum” de onde deriva o símbolo.

Estaño: de “stannum”.

Ferro: de “ferrum”.

Flúor: de “fluere”, fluír.

Indio: de “indicum” (índigo), pola cor das liñas dominantes do seu espectro.

Iridio: de “iris” (arco da vella) pola variedade de cores dos seus compostos.

Ouro: de “aurum” (brillante amanecer, aurora resplandecente).

Prata: de “argentum”, branco, brillante.

Radio: de “radius” (raio).

Rubidio: de “rubidus” (vermello intenso) polas cores do seu espectro.

Sodio: de “sodanum” (sosa). O símbolo de “natrium” (nitrato de sodio).

Silicio: de “silex” (pedernal)

Telurio: de “tel-lus” (terra).

Xofre: de “sulphurium” (símbolo S)

 

INGLÉS:

Potasio: do ingles “pot ashes” (cinzas). O símbolo ven de “kalium”, forma latinizada do árabe “alkali”.

Radón: de “radium emanation” (emanación radioactiva).

 

ÁRABE

Circonio: do árabe “zargun”, que significa “cor dourada.

 

ALEMÁN

 

Bismuto: do alemán antigo “wissmuth” (materia branca) e do latín “bisemutum”.

Cinc: do alemán “zincken” ou “zacken” que fai referencia ao aspecto con beiras dentadas do mineral calamina.

Cobalto: de“kobold” (duende)

Níquel: de “Kupfer nickel” (cobre do demo Ñick), palabra que usaban os mineiros alemáns para chamarlle a un tipo de cobre que non se deixaba traballar (que resultou ser níquel). Tamén pode derivar do sueco koppar nickel.

Volframio: de “wolf  rahm”, que en alemán significa “baba de lobo” ou “pouco valor” . Tamén se chama tungsteno que en sueco significa “pedra pesada”.

 

CASTELÁN

Platino: da antiga palabra castelá “platina” (prata) pola semellanza con ese metal.